O club Sociedade Deportiva Compostela Atletismo é un clube federado de recente creación, que ten como obxectivo principal o fomento e impulso da práctica de varias modalidades deportivas e a participación en competicións e actividades relacionadas.

A pesar de atoparnos arrincando este proxecto e de ser este o noso primeiro ano de vida, o club conta na actualidade con máis de 100 socios dados de alta, e con previsión de incrementar estas cifras ampliamente por enriba dos 100 membros. Así mismo, o número de corredores para a próxima tempada, que empeza el día 1 de Xaneiro de 2021, é de casi 120 atletas entre as categorías escolares e os atletas federados de todas as categorías.

Tamén contamos con unha importante presencia en redes sociais:

A que esperas para seguirnos?

Ademáis contamos cunha sección dedicada o atletismo na web da S.D. Compostela, que é una das mais visitadas do deporte galego. A idea con todas estas ferramentas, é a de crear unha plataforma onde todos os socios e simpatizantes do clube, poidan coñecer de primeira man as noticias e novidades que se van producindo. Nesta plataforma ademáis subiranse periódicamente diferentes vídeos e reportaxes das competicións as que asistan os membros do equipo, así como diferentes colaboracións e charlas cos nosos patrocinadores.

Actualmente, a nosa sección deportiva centrase no atletismo, pero tamén contamos con atletas que participan en outro tipo de modalidades tales como as carreiras populares, o Trail Running ou carreira de monte, Duatlón e Triatlón.